Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Esta prevista para a última fin de semana de xuño

- A situación sanitaria non garante que poida realizarse en condicións de seguridade

 20200505 153733

Valga, 5 de maio de 2020.

O goberno municipal de Valga adoptou a decisión de suspender a celebración da Festa da Xuventude, que estaba prevista para finais do mes de xuño. Así se confirmou durante a reunión da comisión de seguemento da situación de emerxencia sanitaria polo coronavirus Covid-19.

A Festa da Xuventude, que este ano acadaría a súa edición número quince, tiña fixada como data de celebración a última fin de semana de xuño, cando está previsto que remate tamén o período de desescalada. Aínda así, as circunstancias sanitarias fan recomendable manter durante un tempo máis prolongado as medidas de distanciamento social, evitando, na medida do posible, grandes concentracións de persoas, para que non se produzan rebrotes da enfermidade.

É por iso que o Concello opta por suspender a festa xa que entende que é a decisión máis responsable.

Nas últimas semanas xa se anunciara tamén a suspensión doutras dúas celebracións populares: o Encontro cos Nosos Maiores e a Batalla de Casaldeirigo, previstas ambas para este mes de maio.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver