Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Desta maneira trátase de garantir que a prestación deste servizo público se realiza con seguridade

- A máquina de desinfección foi adquirida para a desinfección do parque móbil municipal

ozono0

Valga, 29 de abril de 2020.

O Concello de Valga puxo a disposición dos taxistas do municipio a máquina xeradora de ozono que adquiriu para hixienizar os vehículos cos que prestan este servizo público.

A desinfección dos automóbiles levouse a cabo por vez primeira onte pola mañá nos exteriores da sede da agrupación de Protección Civil e os taxistas poderán seguir realizándoa periodicamente para que o servizo se preste coas maiores garantías e seguridade tanto para os condutores como para os viaxeiros.

A máquina de ozono artificial foi adquirida para extremar as medidas de hixiene e desinfección dos vehículos do parque móbil do Concello e nos edificios municipais. Esta substancia está considerada como unha das máis eficaces para a destrución de virus coma o Covid-19 e outras bacterias, xa que desinfecta todo co que entra en contacto. Deste xeito, ten a capacidade de eliminar o virus do ambiente e tamén de calquera tipo de superficie.

A máquina emprégase para desinfectar os vehículos da Policía Local e Protección Civil e tamén se utilizou para hixienizar as dependencias da Casa Consistorial ou o CODI.

ozono1          ozono2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver