Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Unha fotografía da obra debe enviarse por correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. mentras dure o período de confinamento

- Entre os premios haberá unha sesión fotográfica, unha merenda ou lambetadas

Creando

Valga, 16 de abril de 2020.

Nenos menores de 14 anos de idade poden participar no concurso artístico “Eu sigo creando”, que organiza o Concello de Valga para animar aos máis pequenos a que dean rendan solta á súa imaxinación e creatividade mentras dure o Estado de Alarma e a situación de confinamento domiciliario.

Os participantes deben estar empadroados no Concello de Valga e crear unha obra artística durante o período de corentena, facerlle unha fotografía (nela só pode aparecer a obra) e enviala por correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. xunto cunha pequena explicación do que representa.

Os participantes poderán enviar ata un máximo de cinco obras, aínda que só será valorada a calidade de cada unha individualmente. A temática é libre e a técnica limítase á expresión plástica manual tal como debuxo, pintura, collage, maquetación, plastilina, composición con obxectos...

O xurado encargado de valorar as obras terá en conta, entre outras características, a calidade, a creatividade e a orixinalidade, valorando especialmente ter expresado o momento, a esencia do estado

excepcional do confinamento.

Os premios que se outorgarán serán os seguintes:

- 1º Premio: Sesión de fotografía profesional para o gañador e a súa familia no lugar de Valga que elixan e asentos en primeira fila para o espectáculo do Auditorio Municipal que escollan.

- 2º Premio: Unha merenda e reserva de asentos en primeira fila para o espectáculo do Auditorio que elixa.

- 3º Premio: Lambetadas e reserva de asentos en primeira fila para o espectáculo do Auditorio que elixa.

As bases do concurso poden consultarse premendo AQUÍ.

Cartel Concurso Artístico

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver