Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O material substraído, como un cortacéspede e varias hamacas, estase valorando por parte do persoal municipal

- Os responsables enfróntanse a unha doble sanción polo propio roubo e por saltar as medidas do Estado de Alarma

Poli

Valga, 2 de abril de 2020.

As instalacións do Punto Limpo foron obxecto dun roubo durante o período de confinamento, en concreto na mañá do pasado domingo, cando un ou varios ladróns accederon ao interior do recinto para substraer diverso material que se atopaba alí almacenado para a súa clasificación e posterior xestión e reciclaxe.

A persoa ou persoas responsables do roubo entraron ás instalacións rompendo a rede da parte traseira e entre os obxectos que levaron atópase unha máquina cortacéspede, dúas hamacas, chatarra e outro material que está sendo valorado por persoal municipal e pola Policía Local.

Os feitos foron postos en coñecemento da Garda Civil, que ten aberta unha investigación para tratar de identificar e localizar ao autor ou autores. Estes enfróntanse a unha doble sanción, unha polo propio roubo e outra por saltarse o confinamento e incumprir o decreto de declaración do Estado de Alarma.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver