Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Concello xa está colaborando con pais de alumnos que carecen de impresora ou conexión a internet

- Persoal municipal reparte casa por casa libros do CEP Xesús Ferro Couselo

Colexio FCouselo

Valga, 2 de abril de 2020.

A Concellería de Educación está a disposición das familias valguesas para que o alumnado dos distintos centros de ensinanza do municipio poidan continuar coa súa formación e realizar as tarefas que lles encargan os seus mestres por vía telemática.

O Concello xa está colaborando con varias familias que, dende que se suspenderon as clases presenciais e se decretou o Estado de Alarma e o confinamento, se puxeron en contacto con responsables municipais para trasladarlles as dificultades que tiñan para que os seus fillos puideran acceder ao material educativo que, a través de internet, lles estaban facendo chegar os mestres.

Carecer de impresora ou de conexión a internet non seus fogares son algunhas das problemáticas que afectan a algunhas destas familias, polo que o Concello estalles a axudar descargando e imprimindo as fichas e outras tarefas enviadas polo profesorado.

Ademais, nas últimas xornadas persoal municipal está facendo o reparto casa a casa dos libros correspondentes ao terceiro trimestre do curso do CEP Xesús Ferro Couselo. Este material atopábase nas instalacións do colexio e a dirección do centro solicitou a colaboración do Concello para facerllo chegar ás familias.

A Concellería de Educación transmite ás familias que se atopen con dificultades para que os alumnos poidan continuar coa súa formación académica durante o confinamento, que poden poñerse en contacto do Concello a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O goberno municipal quere facer, ademais, un recoñecemento a todos os nenos de Valga e agradecerlles o enorme esforzo que están facendo quedando nas súas casas e sendo un exemplo para as súas propias familias e para toda a sociedade.

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver