Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As subvencións diríxense ao alumnado que paga 0 ou 1 euros polo comedor

- Poden solicitarse a partir do 31 de marzo de forma telemática ou a través da dirección do centro

ComedorBaño

Valga, 30 de marzo de 2020.

A Xunta de Galicia convoca unha liña de axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e FP, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do coronavirus Covid-19 (Orde do 27 de marzo de 2020, publicada no DOG de 30 de marzo de 2020).

As axudas diríxense a usuarios de comedor que pagan 0 ou 1 euros polo servizo. A axuda consiste no pago de 2’50 euros diarios no caso de alumando con gratuidade total e de 1’50 euros ao día para o alumnado que paga 1 euro.

As solicitudes poden realizarse dende o martes 31 de marzo e ata o luns 6 de abril a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o formulario dispoñible. É preciso dispoñer de chave 365 ou DNI dixital. Aquelas persoas que non poidan utilizar esta vía, tamén poden solicitar a axuda a través do colexio de Baño, enviando un correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou mediante a aplicación de móbil TokApp que ten dispoñible o centro.

É necesario adxuntar:

- Fotografía do DNI do pai, nai ou representante legal do alumno solicitante

- Fotografía do número de conta na que debe realizarse o ingreso da axuda

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver