Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Deben descargar no teléfono a aplicación Abalar Móbil, segundo as instrucións da Consellería de Educación

ABALAR

Valga, 28 de marzo de 2020.

Os centros educativos de Valga de Educación Infantil e Primaria informan ás súas comunidades educativas de novas directrices recibidas dende a Consellería de Educación relacionadas coa educación virtual ao estar suspendidas as clases debido a situación de emerxencia sanitaria polo coronavirus.

Segundo as instrucións ditadas pola Consellería, o CEIP Baño-Xanza, o CEP Xesús Ferro Couselo e o CRA de Valga comezarán a utilizar a aplicación Abalar Móbil, mediante a cal se farán chegar ás familias as notas dos seus fillos correspondentes á segunda avaliación do curso escolar 2019/2020. Por iso é preciso que as familias descarguen nos seus teléfonos a citada aplicación.

Abalar Móbil ofrece as seguintes funcións:

- Acceso a datos persoais

- Consulta das cualificacións

- Consulta e xustificación de ausencias

- Solicitude de cita de titoría

- Consulta de datos do centro educativo

- Consulta de avisos ou notificacións dos profesores ou do centro

- Consulta de incidencias creadas polo profesorado

A aplicación está dispoñible para pais e titores legais dos estudantes matriculados nos ciclos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos. Os estudantes tamén poden acceder se son legalmente responsables de si mesmos. A aplicación dispón dunha guía sobre como instalala e na que se explican as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais do alumnado poden utilizar e tamén dun formulario para facer consultas ou tratar incidencias. Esta guía pode descargarse premendo AQUÍ.

Se algunha familia tivera dificultades para descargar Abalar Móbil pode poñerse en contacto cos centros educativos a través das seguintes vías:

CEIP BAÑO-XANZA:

- Teléfono:  886 15 90 54

- Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CEP XESÚS FERRO COUSELO:

- Teléfono: 886 15 17 28

- Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CRA DE VALGA

- Teléfono: 881 15 17 24 / 695 79 10 20

- Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver