Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Onte recibiuse a primeira remesa e continúa realizándose máis material para atender as necesidades

- A imposibilidade de atopalas no mercado obriga a buscar alternativas

mascarillas1

Valga, 26 de marzo de 2020.

O Concello de Valga encargou a semana pasada a unha modista local a confección de mascarillas de protección para facer fronte á crise sanitaria do coronavirus Covid-19.

A decisión foi adoptada pola comisión de seguemento constituída no Concello trala declaración do Estado de Alarma, e que se reúne diariamente presidida polo alcalde, José María Bello Maneiro, e tendo tamén entre os seus membros aos concelleiros de Seguridade e Protección Civil e Sanidade e Benestar Social, ao responsable da Policía Local e da agrupación de Protección Civil, e o responsable do persoal laboral para temas de emerxencias, entre outros.

Esta comisión aprobou encargar a confección das mascarillas a unha modista valguesa, que na xornada de onte xa fixo entrega ao Concello da primeira remesa de material. A costureira continúa traballando para realizar máis mascarillas protectoras, que serán distribuídas polo departamento de Servizos Sociais en base ás necesidades prioritarias.

Deste xeito, o Concello trata de paliar a imposibilidade de atopar no mercado este material, básico para a protección ante o coronavirus.

         mascarillas2             mascarillas3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver