Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos comezaron na fin de semana e tamén se levaron a cabo en farmacias, tendas de alimentación e no Concello

- Repetiranse periodicamente para previr posibles contaxios por coronavirus

desinfeccion1

Valga, 23 de marzo de 2020.

A Policía Local e a agrupación de Protección Civil de Valga realizaron durante esta fin de semana traballos de desinfección en zonas sensibles do municipio nas que existen edificios e establecementos abertos ao público e nas que, polo tanto, o decreto de Estado de Alarma segue a permitir a circulación de persoas.

Estas tarefas tiveron como punto de inicio o Centro de Saúde de Baño, onde se desinfectaron todas as portas de acceso, os exteriores do edificio e os arredores das instalacións sanitarias incluíndo beirarrúas, marquesiñas, tablóns de anuncios e outro mobiliario existente na zona e susceptible de ser utilizado polas persoas que acoden ao centro.

Tamén se levaron a cabo estes traballos nos exteriores doutros establecementos comerciais que continúan prestando atención ao público, como farmacias, tendas de alimentación, panaderías, caixeiros de entidades bancarias e estancos, entre outros.

Os operarios actuaron convenientemente equipados con monos protectores, máscaras, gafas e guantes e estiveron dirixidos polos responsables da Policía Local e Protección Civil e do departamento de Obras e Servizos do Concello. Para a desinfección empregouse hipoclorito de sodio disolto en auga, consumindo arredor duns douscentos litros desta solución con efecto viricida. Estas tarefas de limpeza repetiranse periódicamente como medida preventiva ante o coronavirus.

desinfeccion2 desinfeccion3

         desinfeccion4            desinfeccion5

desinfeccion6 desinfeccion7

desinfeccion8

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver