Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Este elemento etnográfico atópase á beira do Camiño de Santiago

- Ademais da súa posta en valor, proxéctase o acondicionamento do entorno co pavimento, bancos e árbores

RutaXacobea

Valga, 13 de marzo 2020.

O Concello de Valga vén de solicitar á Axencia Turismo de Galicia, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, unha subvención para executar melloras no entorno do Camiño Portugués e, en concreto, para a rehabilitación do lavadoiro de Fontenlo, un elemento etnográfico situado á beira do camiño e que actualmente pasa practicamente desapercibido para os peregrinos ao atoparse cuberto de maleza.

Cun orzamento de 20.825 euros, o proxecto recolle as actuacións necesarias para a posta en valor do lavadoiro e da súa contorna, axudando á valorización, mantemento e conservación deste elemento, ao mesmo tempo que se contribúe ao embelecemento do Camiño de Santiago ao seu paso pola zona.

Os traballos a levar a cabo inclúen a retirada da maleza, así como a limpeza e encintado das pedras que conforman o corpo do lavadoiro e a canle de auga. Para facelo máis visible e fermoso e axudar á súa preservación, proxéctase a execución dunha cuberta tradicional a base de madeira e tella cerámica. Tamén se instalará unha varanda de madeira coa finalidade de mellorar a seguridade.

Así mesmo, preténdese actuar sobre o entorno deste elemento patrimonial coa colocación dun novo pavimento a base de lastros de granito, a instalación de bancos e un panel informativo sobre o Camiño Portugués e a plantación de árbores autóctonas, conformando así unha pequena zona para o descanso dos peregrinos.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver