Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os centros culturais e sociais permanecerán pechados e todas as actividades son anuladas

- A asistencia ao CODI, á Escola de Música e ás actividades extraescolares queda suspendida

xuntacoronatelf

Valga, 12 marzo de 2020.

O Concello de Valga secunda as medidas acordadas esta mañá pola Xunta de Galicia para a prevención da expansión do coronavirus, polo que dende hoxe e ata novo aviso os locais sociais, casas da cultura, centros sociocomunitarios e pavillóns polideportivos de Valga estarán pechados e todas as actividades que estaban programadas quedan suspendidas: actividades culturais, cursos e seminarios da Aula CeMIT, Escola de Música, Escola de Teatro e escola deportiva de tenis, entre outras.

O Consello da Xunta acordou, ademais, a suspensión da actividade lectiva e extraescolar durante os próximos 14 días. Esta medida será voluntaria na xornada de mañá, venres, quedando baixo decisión dos pais levar ou non aos seus fillos ás clases para concederlles marxe para organizarse. A partir do luns non haberá actividade lectiva nin extraescolar. Seguindo este mesmo criterio, o CODI estará mañá aberto para recibir aos usuarios que por vontade propia ou das súas familias decidan acudir, pero pechará a partir do luns. Do mesmo xeito, quedarán suspendidas as actividades de conciliación e reforzo educativo.

O goberno municipal quere facer un chamamento á calma por parte da poboación e remarca que estas medidas teñen como único obxectivo a prevención. Ademais pide á veciñanza que actúe con responsabilidade e siga en todo momento as recomendacións das autoridade sanitarias, evitando as aglomeracións na medida do posible e acudindo só ás oficinas municipais e só naqueles casos nos que sexa necesario.

xuntacorona

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver