Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mostra, organizada pola asociación de Mulleres Rurais “Albor”, celebrouse durante a fin de semana no Auditorio

- Entregáronse recoñecementos ás mellores composicións realizadas polos participantes

Camelia20 1

Valga, 11 de marzo de 2020.

A Exposición da Camelia “Bella Otero”, que se celebrou durante a fin de semana no Auditorio Municipal, contou coa participación de 5 centros educativos, 19 colectivos sociais e 48 particulares.

Aportaron as súas composicións florais á mostra os colexios de Baño e Cordeiro, o Centro Rural Agrupado, a Escola infantil e o Centro Superior de Música. No que respecta ás asociacións e colectivos sociais, sumáronse á actividade Axentiva, Asdivalu, Musival, Por Dereito, Heroes de Casaldeirigo, Amigos do Belén, Palilleiras de Valga, Palilleiras A Bella Otero, A Eira, Adeval, o Centro de Día, as asociacións teatral A Bella Otero e cultural de Vilarello, as ANPAs da Escola Infantil, CRA, CEIP Baño-Xanza, colexio Ferro Couselo e IES de Valga e as Mulleres Rurais Albor, organizadoras do evento.

A exposición estivo aberta ao público a partir das 13 horas do sábado e tamén durante toda a xornada do domingo. As persoas que se achegaron ata o Auditorio puideron contemplar centros, adornos e composicións florais realizadas con distintas variedades de camelia, considerada como a flor de Galicia. Os mellores traballos recibiron recoñecementos e agasallos nun acto encabezado polo alcalde, José María Bello Maneiro, e a presidenta de Albor, Rosa Crespo.

Os premiados foron os seguintes:

- Premio A Bella Otero no mundo:

  • 1º Premio: Ana Mª Rodríguez Blanco
  • 2º Premio: Andrés Montero Durán
  • 3º Premio: Aida e Mª Flor Castiñeiras Rial

- Premio A Bella Otero en Galicia:

  • 1º Premio: Irene Sanmarco Miguéns
  • 2º Premio: Santiago Chenlo Campos
  • 3º Premio: Fátima Leite Conceiçao

- Premio A Bella Otero en Valga:

  • 1º Premio: Pablo Méndez Chaves
  • 2º Premio: Mercedes Mondragón Romay
  • 3º Premio: María Montero Campos

- Accésit:

  • Familia Ordóñez Dios (Ester e Mari Ordóñez Dios)

- Premios á presentación:

  • 1º Premio: Rufina Saborido Fernández
  • 2º Premio: Conchi Isorna Santiago
  • 3º Premio: Nieves Santiago Isorna

A mostra, que cumpriu a súa XIV edición, contou tamén con actuacións musicais a cargo da Rondalla O Castro e da Coral Cantigas do Castro.

Camelia20 2 Camelia20 3

Camelia20 4 Camelia20 5

Camelia20 6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver