Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Un dos talleres diríxese a mozos e as especialidades solicitadas son albanelería, carpintería e forestal

- Os proxectos foron elaborados e presentados conxuntamente co Concello de Moraña

ObradoiroForestaiss

Valga, 4 de marzo de 2020.

Os concellos de Valga e Moraña manteñen dende hai anos unha estreita colaboración para a posta en marcha iniciativas coma os obradoiros de emprego. Mantendo este traballo conxunto, ambas administracións acaban de solicitar á Consellería de Economía, Emprego e Industria dous novos obradoiros para formar a un total de 36 persoas desempregadas.

Un dos proxecto diríxese a persoas mozas e, de ser aprobado, poderían participar 16 desempregados nas especialidades de albanelería e forestal. A duración sería dun ano, cun orzamento de 429.492 euros que se destinaría a pagar os salarios dos aprendices e do persoal directivo e docente e a executar obras de interese público.

No caso de Valga, recóllense actuacións de acondicionamento en diferentes zonas naturais e de lecer do municipio: desbroces, podas, plantación de árbores autóctonas, limpezas de camiños, etc. E, na especialidade de albanelería, realizaríanse melloras no pavillón e nas pistas deportivas de Beiro e no campo de fútbol vello de Baño.

O segundo obradoiro para o que se solicita subvención da Xunta de Galicia é o Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V, dirixido a persoas desempregadas de todas as idades e que inclúe as especialidades de forestais e carpintería.

Este proxecto está pensado para un total de 20 aprendices que, durante un período de nove meses, recibirían formación teórica e práctica para favorecer a súa inserción no mercado laboral. Na especialidade de forestal, o alumnado realizará traballos de mellora en áreas coma o Camiño Portugués, o Miradoiro de Beiro e outros espazos verdes municipais. Polo que respecta ao módulo de carpintería, as actuacións proxectadas inclúen a dotación de mobiliario urbano como papeleiras e puntos de información, a reparación e instalación de varandas e outros traballos con madeira.

O orzamento deste obradoiro ascende a 406.946.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver