Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O venres día 13 terá lugar a actividade “Conversa entre mulleres”, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

- A chef Lucía Freitas, cunha estrela Michelin, participará nunha conferencia con estudantes do IES

CampañaIgualdade2

Valga, 29 de febreiro de 2020.

A programación deseñada polo Concello de Valga con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, inclúe conferencias sobre igualdade, actividades de sensibilización contra a violencia de xénero, un coloquio entre mulleres e a homenaxe a valguesas profesionais das ciencias da saúde.

No apartado de charlas, a Aula CeMIT acollerá todos os luns do mes de marzo o ciclo “Muller e igualdade” no que se abordarán cuestións coma a linguaxe igualitaria, o empoderamento ou a historia feita por mulleres. A corrente social actual está poñendo en primeiro plano á muller e a súa loita para eliminar as desigualdades que arrastra historicamente. Neste sentido, resulta importante coñecer algúns conceptos básicos que permitan reflexionar sobre a igualdade entre as mulleres e os homes en distintos ámbitos e sobre as claves para ofrecer unha educación que sustente unha sociedade igualitaria para as futuras xeracións.

Na primeira sesión, programada para o día 2, a temática a tratar será “Sensibilización en igualdade de oportunidades”, con contidos relacionados coa educación non sexista ou o reto dun mercado profesional igualitario. Celebraranse outras catro charlas os días 9, 16, 23 e 30, sempre en horario de 17 a 18 horas.

O domingo 8 terá lugar o acto central conmemorativo do Día da Muller coa homenaxe a valguesas profesionais das Ciencias da Saúde. Mulleres adicadas á medicina, enfermería, farmacia, nutrición, odontoloxía, psicoloxía e outras profesións relacionada coa saúde serán as protagonistas deste recoñecemento que se celebrará no Auditorio Municipal.

O luns día 9 as profesionais que traballan no Centro de Información á Muller (CIM) ofrecerán en Radio Valga a partir das 11:45 horas unha serie de reflexións sobre os “Recursos da sociedade ante a violencia de xénero.

Outra das actividades organizadas pola Concellería de Igualdade é a “Conversa entre Mulleres”, unha iniciativa de formación e empoderamento feminino financiada a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Terá lugar no Auditorio a partir das 18:30 horas e a temática a tratar será a “Recuperación do chan pélvico e tonificación abdominal”, coa participación dunha especialista. O prazo de inscrición está aberto ata o día 10 de marzo.

A programación prolongarase ata finais de mes. O luns día 30 Lucía Freitas, chef do restaurante compostelano A Tafona cunha estrela Michelin, participará nunha conferencia con alumnado do IES de Valga, no marco da campaña “Nin + nin -, iguais”, da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta.

Ademais destas propostas, na Casa do Concello pode verse unha exposición de traballos realizados por usuarias do CIM nun obradoiro de terapia creativa que se desenvolveu entre os meses de outubro e decembro de 2019 e no que as participantes empregaron a pintura como instrumento para a expresión, a comunicación e a superación persoal.

E no desfile de Entroido –previsto para mañá en caso de que a climatoloxía o permita– entregarase un premio ao mellor disfrace dunha muller representativa da historia.

CartelMuller2020

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver