Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Terá entre as 16 e as 20 horas e recadará fondos para a Fundación Andrea

- O centro tamén está organizando un festival para colaborar coa mesma organización, que axuda a nenos con enfermidades crónicas

ColchonetasEIM1

Valga, 2 de marzo de 2020.

A Escola Infantil Municipal de Valga organiza para o vindeiro venres, 6 de marzo, unha tarde solidaria con inchables no pavillón municipal de Baño. A actividade ten como obxectivo xuntar fondos para a Fundación Andrea, que apoia a nenos con enfermidades de longa duración.

Os xogos instalaranse no pavillón a partir das catro da tarde e os nenos poderán divertirse neles ata as 20 horas. O prezo da entrada é de 3 euros por neno e todo o recadado destinarase integramente á Fundación Andrea.

Esta organización axuda a nenos diagnosticados con doenzas crónicas ou terminais e ás súas familias. Ofrécelles apoio económico, moral e informativa, sufraga gastos de tratamentos médicos e aloxamentos pola situación de ingreso hospitalario dos menores, aos que ademais ofrece alternativas de entretemento para axudarlles a sobrelevar a súa enfermidade.

Tamén para colaborar con esta causa, a Escola Infantil está organizando un festival benéfico que terá lugar o 18 de marzo no Auditorio Municipal. Incluirá actuacións, obradoiros, sorteo de agasallos donados por distintos colaboradores, un mercado solidario, merenda e outras actividades.

ColchonetasEIM2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver