Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os nenos de Música e Movemento realizou xogos e interpretou cancións

- Tamén actuaron alumnos de canto e o evento rematou cunha exhibición de baile

EntroidoEM1

 

Valga, 25 de febreiro de 2020.

A Escola Municipal de Música celebrou o pasado sábado no Auditorio o seu concerto de Entroido, convertido xa nunha cita habitual por estas festas en Valga.

O evento estivo protagonizado polo alumnado de Música e Movemento, co mestre Tomás Rábanos á fronte. Os nenos, que luciron vistosos e divertidos disfraces, realizaron xogos de discriminación auditiva, probas de ritmo e narraron historias musicadas, entre outras actuacións.

Tamén subiu ao escenario o coro infantil, que interpretou cancións coma “Si yo fuera rico”, “Un barquito” ou “Supercalifragilístico”.

O concerto tamén coutou coa participación de alumnos de canto da mestra Merran Laginestra e ramatou cunha exhibición de baile.

EntroidoEM2 EntroidoEM3

EntroidoEM4 EntroidoEM5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver