Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As novas dependencias inclúen un espazo de traballo para a xuíza e o secretario xudicial e unha sala de vistas

- No inmoble da praza Vicente Cousiño xa se atopan tamén a biblioteca municipal e Radio Valga

XulgadoEA1

Valga, 24 de febreiro de 2020.

O Edificio Administrativo continúa recibindo algúns dos servizos para os que foi proxectado, como é o caso do Xulgado de Paz de Valga, que esta mañá realizou o seu traslado ao inmoble situado na praza Manuel Vicente Cousiño.

Dende agora atenderá ao público nestas novas dependencias, situadas na planta baixa do edificio. Alí habilitouse unha oficina na que a xuíza de paz e o secretario xudicial realizan o seu traballo e atenden ao público. Ademais, tamén se acondicionou unha sala de vistas para a celebración de actos de conciliación e outras cerimonias como vodas civís.

Nos últimos días realizáronse os traballos de posta a punto do novo equipamento e as conexións dos equipos informáticos e, esta mañá, realizouse o traslado de toda a documentación e os expedientes dende a Casa do Concello ao Edificio Administrativo. Estas tarefas foron realizadas por operarios municipais.

As persoas que a partir de agora deban acudir ao xulgado teñen que acceder pola fachada principal do Edificio Administrativo –a que dá á prazuela–, pola porta situada no lado esquerdo. Polo de agora, aínda non está operativo o teléfono nesta nova ubicación, xa que se están a realizar os trámites para o cambio de liña mantendo o mesmo número. Mentras, os veciños que queiran poñerse en contacto co xulgado poden facelo a través do correo electrónico, na dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Ademais do Xulgado de Paz, no edificio de usos administrativos xa se atopan tamén a biblioteca municipal e Radio Valga. As obras de acondicionamento e posta a punto da primeira planta e do baixo cuberta continúan co obxectivo de que o inmoble quede totalmente operativo durante este ano. Alí tamén se emprazarán servizos coma a Policía Local e o arquivo municipal.

XulgadoEA2 XulgadoEA3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver