Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Alumnos de distintas zonas de Galicia, Valencia, Barcelona e ata Canadá asistiron aos cursos no Auditorio Municipal

- Os directores noveis ofreceron dous concertos e seis aprendices de canto foron seleccionadas para un recital en xuño

MC1

Valga, 17 de febreiro de 2020.

O Auditorio Municipal desbordou talento durante esta fin de semana, cando se celebraron dúas das masterclass máis agardadas da tempada no Centro Superior de Música (CSM Galicia): a de dirección impartida por Cristóbal Soler e a de canto coa soprano Lorena Valero.

Alumnado procedente de distintas zonas de Galicia, Valencia, Barcelona e ata Canadá participou nos cursos. En concreto foron oito os inscritos na clase maxistral de Dirección de Orquestra, que incluíu sesións de análise e teoría, prácticas a piano e prácticas con orquestra. Cristóbal Soler centrouse especialmente na xestualidade e no movemento do corpo como cuestión fundamental da dirección.

Ademais, celebrouse a conferencia “O músico profesional do século XXI”, tamén a cargo de Soler, que está considerado un dos directores máis importantes da súa xeración e cunha traxectoria en constante ascenso. Foi director titular do Teatro da Zarzuela de Madrid e ten colaborado e actuado coas mellores orquestras a nivel nacional e internacional. No pasado mes de outubro dirixiu o concerto dos Premios Princesa de Asturias.

Os directores noveis participaron, na xornada do domingo, en dous concertos nos que dirixiron á agrupación “Camerata Arven” interpretando a 4° Sinfonía de Mahler. A primeira actuación tivo lugar pola mañá no Auditorio Municipal e pola tarde repetiron en Quiroga.

No tocante á clase maxistral de canto, a soprano Lorena Valero contou cun total de seis alumnas ás que ofreceu unha atención personalizada centrada naqueles aspectos da técnica vocal que cada unha delas podería explotar para acadar uns resultados óptimos. As tres xornadas durante as que se prolongou a acción formativa incluíron sesións de técnica vocal e traballo de repertorio con pianista acompañante.

Ademais de mellorar a súas capacidades como cantantes e traballar cunha das sopranos máis destacadas do panorama nacional, as alumnas tiñan como aliciente acadar unha praza para cantar no concerto de ópera e zarzuela que Cristóbal Soler dirixirá no mes de xuño no Auditorio de Valga. Ante o nivel demostrado, Lorena Valero decidiu que as seis subirán ao escenario nese recital.

Valero, formada profesionalmente en el Conservatorio Superior do Liceu de Barcelona, destaca pola súa elevada técnica vocal e a súa sensibilidade e unha voz adaptable a todos os rexistros. A actividade desta fin de semana en Valga supuxo tamén un aprendizaxe para ela mesma, xa que foi unha das súas experiencias como mestra.

Música negra do século XX

As actividades do CSM Galicia continúan a vindeira fin de semana coa última masterclass do mes centrada na Música negra do século XX. Terá lugar o sábado, día 22, e será impartida polo pianista Alejandro Casquero. As inscricións poden realizarse a través da páxina web: https://www.csmgalicia.com/eventos-de-csm-galicia/ .

MC2            MC3

MC4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver