Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O persoal e o alumnado do centro realizaron un mural en apoio aos menores que sofren esta enfermidade e as súas familias

- O centro está organizando un festival solidario en favor da Fundación Andrea

CancroInfantil1

Valga, 14 de febreiro de 2020.

A Escola Infantil Municipal de Valga sumouse esta mañá ás conmemoracións do Día Internacional do Neno con Cancro, que se celebra mañá, 15 de febreiro, co obxectivo de concienciar á sociedade sobre esta enfermidade e para tratar de que todos os nenos afectados por ela teñan acceso a un diagnóstico e tratamento axeitados.

O persoal do centro educativo elaborou un mural en apoio aos nenos enfermos de cancro e as súas familias. Na pancarta aparece o debuxo dun rapaz, vestido de superheroe, e rodeado de frases motivadoras que o animan a seguir loitando contra a enfermidade.

A Escola Infantil Municipal adoita involucrarse en distintas causas benéficas relacionadas coa infancia. Un exemplo é o festival solidario que está organizando para o vindeiro 18 de marzo. Será a terceira edición deste evento, que se celebrará no Auditorio Municipal e que, nesta ocasión, recadará fondos para a Fundación Andrea, de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

O festival incluirá actuacións, obradoiros, sorteo de agasallos donados por distintos colaboradores, un mercado solidario, merenda e outras actividades.

CancroInfantil2 CancroInfantil3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver