Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Araceli González e Cruz Eiras foron designadas polo Pleno para estar á fronte do Xulgado

- O servizo, que se presta en horario de 9:00 a 14:00, trasladarase en próximas datas ao edificio administrativo

Xuízas2

Valga, 12 de febreiro de 2020.

O Xulgado de Paz de Valga acolleu este mediodía a toma de posesión das xuízas titular e suplente para os vindeiros catro anos.

Araceli González Sánchez e Cruz Eiras Isorna foron designadas polo Pleno, na sesión celebrada no mes de novembro, para continuar exercendo os seus respectivos cargos –Araceli González coma xuíza titular e Cruz Eiras coma suplente–, que levan desempeñando dende hai 8 e 12 anos.

A toma de posesión consistiu na sinatura da acta remitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O Xulgado de Paz presta atención ao público en horario de 9:00 a 14:00. Actualmente faino na planta baixa da Casa do Concello, aínda que en próximas datas trasladarase ao novo edificio de usos administrativos, na Praza Manuel Vicente Cousiño.

As funcións deste xulgado inclúen dende a celebración de actos de conciliación entre veciños que teñen algún tipo de conflito ata o oficio de matrimonios civís. Tamén se ocupa do Rexistro Civil (nacementos, defuncións, etc.).

Xuízas1

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver