- O alcalde e a secretaria xeral de Igualdade da Xunta presidiron o acto de constitución, celebrado hoxe no Salón de Plenos

- Persoal municipal de Servizos Sociais e do CIM, corpos de seguridade e representantes dos sectores sanitario e educativo forman parte deste novo órgano

MesaLocal1

Valga, 12 de febreiro de 2020.

O Concello de Valga constituíu esta mañá a Mesa Local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero. O acto, celebrado no Salón de Plenos, estivo presidido polo alcalde, José María Bello Maneiro, e pola secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella.

O rexedor e a secretaria xeral lembraron os dramáticos acontecementos sucedidos en Valga no ano 2019, con dous crimes machistas en apenas seis meses. “Foi tremendo e entre todos debemos aportar o máximo que poidamos para que algo así non volva a suceder, incidindo especialmente na sensibilización dos máis mozos, que son o futuro”, remarcou Bello Maneiro.

Susana López Abella tivo tamén palabras de recordo para as dúas mulleres asasinadas nas últimas semanas en Lugo e A Pastoriza e defendeu a utilidade das Mesas Locais de coordinación para loitar contra a violencia de xénero e axudar ás vítimas. Neste sentido, agradeceu o traballo que dende hai anos veñen realizando o Concello e os seus profesionais a través, por exemplo, do Centro de Información á Muller, en funcionamento dende 2014.

Esta Mesa créase como unha ferramenta na que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero. Os obxectivos xerais son promover políticas e actuacións para erradicar a violencia de xénero, procurar unha maior eficiencia e coordinación á hora de dar resposta a posibles casos e contribuír a optimizar os recursos e servizos de atención ás mulleres afectadas por esta lacra social.

Á sesión constitutiva asistiron un total de 22 persoas. Ademais do alcalde e a secretaria xeral, estiveron: a concelleira de Igualdade, Begoña Piñeiro; senllas representantes da Subdelegación do Goberno e da Secretaría Xeral de Igualdade, persoal do departamento de Servizos Sociais; a directora, a psicóloga e a avogada do Centro de Información á Muller; representantes dos equipos directivos dos centros educativos de Valga; tres membros da Garda Civil –o sarxento do posto de Valga, unha garda do equipo de seguimento de vítimas de violencia de xénero e unha axente do Grupo EMUME da Comandancia de Pontevedra–; a Policía Local; un representante do Centro de Saúde de Valga; e outro persoal do Concello e axentes implicados na prevención e erradicación da violencia machista. Estaban tamén convidados a formar parte da Mesa a Deputación de Pontevedra, que non asistiu, e o Xulgado de Primeira Instancia de Caldas, que mediante un escrito excusou a súa ausencia.

Os integrantes deste novo órgano participaron no pasado mes de decembro nunhas xornadas formativas nas que se estableceron as funcións e obxectivos específicos da Mesa Local contra a violencia de xénero. Entre as primeiras destacan: mellorar a detección precoz de casos de violencia de xénero, optimizar a coordinación dos axentes implicados na loita contra a violencia de xénero, ofrecerlles unha atención e unha resposta áxil ás vítimas, mellorar a protección das vítimas consideradas de alto risco e informar e sensibilizar na materia tanto aos profesionais como á poboación en xeral.

No tocante aos obxectivos, inclúen:

  • Informar e sensibilizar na materia tanto a profesionais como á poboación en xeral
  • Articular estratexias de abordaxe da violencia de xénero entre os distintos axentes participantes na mesa
  • Identificar pautas de violencia e establecer criterios de detección precoz que fortalezan a prevención e a mellora da atención ás mulleres
  • Coordinar as campañas de sensibilización que se leven a cabo a nivel local
  • Aproveitar os recursos existentes en Valga contra a violencia de xénero e ofrecer unha resposta áxil ás vítimas
  • Canalizar as demandas de información que se reciben cara a instancias superiores, co obxectivo de mellorar a protección e atención ás mulleres vítimas
  • Crear unha unidade específica de intervención inmediata para realizar un seguemento dos casos máis graves
  • MesaLocal2 MesaLocal3
  • MesaLocal4 MesaLocal5

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton tempo

Volver