Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O nacemento aínda pode ser visitado por grupos organizados ata o mes de setembro, concertando cita no número de teléfono 630 95 25 15

- Pablo Castromán Sánchez, veciño de Valga, foi o gañador do concurso para localizar ao personaxe que se agochaba no Belén, Nicolás Maduro

belen1 belen4

Valga, 15 de xaneiro de 2018.

O Belén Artesanal en Movemento, obra da asociación Amigos do Belén, consolídase como o principal recurso turístico de Valga logo de recibir nas últimas seis semanas a unhas 42.000 persoas. Na fin de semana de clausura contabilizáronse arredor de 3.000 visitantes, parte deles chegados a Campaña en cinco excursións organizadas.

Nas dúas primeiras semanas de apertura foron máis de 15.000 as persoas que elixiron o Belén de Valga como alternativa de ocio, concentrándose as visitas nas fins de semana e nos festivos da ponte da Constitución. As xornadas de más alfuencia foron o domingo inaugural, con 1.200 visitantes, o 6 e o 8 de decembro, que sumaron entre os dous 3.500 persoas, e o día 17, no que se bateu o récord de afluencia nunha soa xornada con 3.000 visitantes.

A medida que se achegaban as festas de Nadal, as visitas repartíronse máis entre semana, tendo en conta que os días de Noiteboa e Fin de Ano coincidiron en domingo e ao estar, ademais, os nenos de vacacións escolares. Dende comezos de ano e ata onte, día da clausura, as xornadas de máis concurrencia de xente foron o 5 de xaneiro, ao celebrarse a cabalgata nos exteriores do Belén Artesanal, e a propia fin de semana de Reis, con dous festivos, así como os días previos ao peche.

Durante estas seis semanas, o Belén recibiu ademais polas mañás a unha trintena de excursións, a maioría de centros educativos, pero tamén doutras asociacións e entidades como Centros de Día. A partir de agora e ata o mes de setembro, o nacemento poderá ser visitado por grupos organizados que deben concertar cita con anterioridade no número de teléfono 630 95 25 15.

Na tarde de onte, unha vez pechadas as portas, celebrouse o sorteo do concurso para descubrir que personaxe famoso se agochaba entre as 4.500 figuras do Belén. Era Nicolás Maduro e o gañador foi o valgués Pablo Castromán Sánchez, que recibirá como premio a figuriña do nacemento que el elixa, entre as que non teñen movemento.

maduro

Viaxe da asociación Amigos do Belén

Como é habitual, unha vez rematado o prazo de apertura ao público do Belén Artesanal, a asociación Amigos do Belén organiza unha excursión para visitar algúns dos nacementos de máis sona da Península. Nesta ocasión o destino será Portugal, un país con gran tradición belenista.

Vinte e cinco integrantes da asociación partirán o venres 19 de Valga con destino a Porto. Durante a fin de semana desprazaranse a Coimbra, onde visitarán o Belén de San Antonio dos Olivais, e tamén a Braga, para coñecer os nacementos dos museos de Pío XII e de Arte Antigo e tamén o Belén de Priscos, que está considerado o belén vivente máis grande de Europa.

belen2 belen3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver