Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os aprendices tamén actuarán noutros espazos como a Mina Mercedes, a área fluvial de Vilarello ou o Miradoiro de Beiro

- Realizarán desbroces, queimas controladas e plantacións tanto con medios manuais coma mecánicos

ObrasForestal1

Valga, 24 de xaneiro de 2020.

Os dez alumnos do módulo de forestais do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia IV comezaron nos últimos días a realizar traballos prácticos en espazos públicos de Valga.

A primeira zona na que se desenvolven estas actuacións é o Parque Irmáns Dios Mosquera, onde os aprendices están realizando podas de saneamento tanto con medios manuais coma mecánicos. O alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Emprego e Formación, Carmen Gómez, e a directora do Obradoiro, Mª Carmen Vidal, comprobaron esta mañá o desenvolvemento dos traballos.

Estas labores continuarán en próximas datas noutras áreas de esparexemento e lecer do municipio, coma a lagoa Mina Mercedes, a praia fluvial de Vilarello, o Miradoiro de Beiro e o Camiño Portugués.

Ademais de podas, os alumnos deste módulo levarán a cabo traballos de desbroce e rareo, queimas controladas e plantación de especies arbóreas. O obxectivo destas actividades prácticas é que os participantes aprendan a traballar con autonomía e adquiran as destrezas necesarias do oficio de cara a unha posterior inserción no mercado laboral.

O módulo de albanelería do Obradoiro Ulla-Umia IV tamén ten previsto realizar varias obras en Valga, entre elas a adecuación da terceira planta do Edificio Administrativo e melloras no pavillón de deportes de Beiro.

O Obradoiro de Emprego, promovido conxuntamente polos concellos de Valga e Moraña, deu comezo no mes de decembro e terá unha duración de nove meses. Participan vinte persoas desempregadas destes dous municipios que reciben o salario mínimo interprofesional ao tempo que reciben formación teórica e práctica nas especialidades de albanelería e forestais. O proxecto conta cun orzamento de 396.446 euros, dos que 336.446 son aportados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e os restantes 60.000 son financiados polos concellos.

ObrasForestal2 ObrasForestal3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver