Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O humorista estará acompañado polo televisivo Isi no espectáculo “A xira dos anos 20”

- Terá lugar o sábado 1 de febreiro e as entradas teñen un prezo de 7 euros

Pepo Suevos

Valga, 15 de xaneiro de 2020.

O humorista Pepo Suevos actuará na Casa da Cultura de Valga o próximo 1 de febreiro dentro da xira de conmemoración do seu vinte aniversario no mundo do espectáculo, “A xira dos 20 anos”.

Para celebrar estas dúas décadas de carreira, o actor e monologuista realizará vinte actuacións seguidas en diferentes lugares de Galicia durante o mes de febreiro, acompañado en cada unha delas por algúns dos compañeiros que coñeceu durante a súa traxectoria. Na cita de Valga compartirá escenario con outro coñecido humorista galego, o televisivo Isi.

A función está programada para as 20:30 horas e o prezo das entradas é de 7 euros.

A actividade é organizada polos concesionarios da cafetería da Casa da Cultura.

Pepo Suevos

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver