Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Neste módulo, os aprendicen adquiren coñecementos básicos en ofimática e aprenden a traballar de forma autónoma cos ordenadores

- A técnica municipal responsable da Aula CeMIT é a encargada de impartir as sesións, que comezaron onte

ObradoiroIV Informática1

Valga, 14 de xaneiro de 2020.

O alumnado do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia IV dos concellos de Valga e Moraña está recibindo esta semana formación complementaria en alfabetización informática, un módulo cunha duración de dez horas e que se imparte na Aula CeMIT do Auditorio Municipal.

O obxectivo desta formación é que os alumnos conten con coñecementos básicos sobre os conceptos informáticos e se familiaricen cos ordenadores, en concreto que adquiran destrezas básicas en relación ao sistema operativo, que coñezan de xeito práctico as principais aplicacións en ofimática, se inicien en Internet e sexan capaces de traballar de forma autónoma.

A formación impártese por separado aos alumnos das dúas especialidades do Obradoiro: dez de albanelería e outros dez de forestais. Ademais, establecéronse diferentes grupos segundo o nivel dos alumnos. Deste xeito, aqueles que carecían de formación anterior en informática reciben clases de alfabetización básica, mentras que os compañeiros que xa posuían un nivel mínimo realizan operacións máis avanzadas.

 A técnica municipal responsable da Aula CeMIT, Vanesa Losada é a encargada de impartir o módulo.

ObradoiroIV Informática2 ObradoiroIV Informática3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver