Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A gran afluencia de público durante as seis semanas de apertura converteron a montaxe deste Nadal nunha das máis exitosas

- Os grupos aínda poderán gozar do nacemento ata o mes de setembro, pero deben concertar cita previa

Belén Vilagarcía1

Valga, 8 de xaneiro de 2020.

O Belén Artesanal en Movemento remata o vindeiro domingo, día 12, o seu período de apertura ao público logo de seis semanas nas que recibiu a milleiros de visitantes. Dende o día 1 de decembro, cando abreu as súas portas, a afluencia de público foi enorme, o que confirma a montaxe deste Nadal como unha das de maior éxito.

Nestas xornadas previas á clausura, o nacemento de Campaña continou recibindo visitas organizadas. Aínda estando en período de vacacións escolares, algúns dos protagonistas destas visitas foron nenos. Por exemplo, os participantes nas actividades de conciliación de Vilagarcía de Arousa, un total de 36 rapaces de entre 3 e 7 anos de idade, aos que acompañaron catro monitores. Tamén se achegaron ao Belén Artesanal os nenos inscritos na ludoteca do concello de Dodro, un total de trece de 4 a 12 anos.

Os centros de día foron outras das entidades que solicitaron cita para ver o Belén durante os últimos días. En concreto, acudiron senllos grupos chegados de Cambados e de Dodro. E onte mesmo, recibiuse en Campaña a oito usuarios do Centro educativo e de día Amencer Princesa Letizia, de Vilagarcía.

Asimesmo, excursionistas de distintas localidades galegas, de España e Portgual seguiron recalando no Belén. Algúns exemplos foron os grupos de Ribadumia, Taramundi (Asturias), Xixón ou Vila do Conde (Portugal) que acudiron nas últimas datas a gozar da composición, declarada de Interese Turístico de Galicia.

Aínda que o Belén Artesanal peche as súas portas este domingo ao público xeral, a montaxe manterase ata o mes de setembro para seguir recibindo a grupos, que previamente deberán concertar cita a través do número de teléfono 630 95 25 15. 

Belén Ludoteca Dodro Belén Vilagarcía2

Belén Amencer Belén Centro de Día Dodro

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver