- O alcalde entregoulles como premio un vale de 100 euros para canxear no comercio local

- O grupo de amigos de Julián Cerneira foron os segundos clasificados e Sara Portas acadou o terceiro premio

Beléns Gañadores1

Valga, 7 de xaneiro de 2020.

O xurado do XVIII Concurso de Beléns organizado pola Concellería de Cultura decidiu, logo de visitar os nacementos participantes, outorgar o primeiro premio do certame a Fran e Juan Otero Lobato, que recibiron un vale de 100 euros para canxear no comercio local, ademais dun roscón de Reis e un diploma.

Estes irmáns de Laxes presentaron ao certame un nacemento duns 10 metros cadrados de superficie e con 185 pezas. As edificacións foron feitas artesanalmente con materiais coma corchos, cartón, paus de xeados, pedras e restos de ladrillos. As figuras eran de barro. O nacemento contaba, ademais, con iluminación e movemento nalgunhas pezas coma o muíño.

O segundo premio recaeu no grupo de amigos formado por Julián Cerneira, Alejandro Torres, Jenifer Valiño, Pedro Ramos, Alfonso Álvarez, Ainoa Fontán, Alejandro Cortés, Gustavo Tarrío e Andrea Torres, que concorreron ao concurso cun belén de 130 figuras dispostas en seis metros cadrados con edificacións feitas tamén a man, a maioría de corcho. Tamén neste caso, a composición incorporaba iluminación e pezas con movemento e nel destacaban algúns detalles de carácter local coma o Camiño de Santiago que levaba ata as portas da Catedral.

Este segundo premio consistiu nun vale de 75 euros para gastar no comercio local, xunto co roscón e o diploma.

O terceiro posto do concurso foi para Sara Portas Piedras, veciña de Pontevalga, que montou un belén de 5 metros cadrados e unhas 155 pezas con edificacións de madeira e poliestireno, figuras de barro e plástico e con iluminación. Recibiu, ademais do tradicional roscón e o diploma, un vale de 50 euros.

Os premios foron entregados polo alcalde, José María Bello Maneiro, o tenente alcalde, Román Castro, e a concelleira Begoña Piñeiro o pasado domingo, durante a Cabalgata de Reis. Con anterioridade, un xurado formado por representantes do Concello e da asociación Amigos do Belén percorreu os beléns inscritos para valorar aspectos coma o seu tamaño, número de pezas, presentación e orixinalidade.

Beléns 1ºPremio XuradoBeléns4

Beléns 2ºPremio XuradoBeléns7

          Beléns 3ºPremio          XuradoBeléns11

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver