- Reúne case duascentas imaxes que concorreron ao segundo Premio de Fotografía convocado polo Grupo de Desenvolvemento Rural

- As instantáneas recollen diferentes elementos, paisaxes e recursos do territorio que forma parte do GDR

EXPO DESCUBRINDO O RURAL1

Valga, 2 de xaneiro de 2020.

O Auditorio Municipal acolle durante o mes de xaneiro a mostra itinerante “Descubrindo o rural”, unha iniciativa do Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés Ulla-Umia.

A exposición reúne case duascentas fotografías de 64 autores diferentes –fotógrafos  afeccionados e profesionais– que ofrecen a súa singular visión do medio rural vencellado ao desenvolvemento sustentable. As imaxes, que recollen diferentes elementos, paisaxes e recursos do territorio do GDR, foron presentadas á segunda edición do concurso de fotografía “Descubrindo o rural”, convocado polo GDR co obxectivo de poñer en valor os recursos naturais, culturais, históricos e artísticos dos dezaseis concellos da súa zona de influencia: Valga, Pontecesures, Catoira, Caldas de Reis, Portas, Cuntis, Moraña, Vilagarcía de Arousa, Vilanova, Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia e Sanxenxo.

Entre as fotografías expostas atópanse as premiadas no certame: “Desconexión”, captada nas inmediacións das Torres de Oeste en Catoira por José Ramón Miguéns Calvo e gañadora do primeiro premio; “A verea dourada”, de Sonia Pita Formoso, tomada en Meis e que obtivo o segundo posto; e en terceiro lugar “Atardecer en Ribadumia” de Isaac Ventoso Leiro.

ExpoGDR1 ExpoGDR2

ExpoGDR3

EXPO DESCUBRINDO O RURAL

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver