Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Tamén actuaron un grupo de alumnos da Escola Municipal de Música

- A festa, que tivo lugar no Auditorio, rematou cun brinde polo novo ano 2020

CDPanxoliñas1

Valga, 30 de decembro de 2019.

O Centro de Día de Valga celebrou a chegada do novo ano cun festival de panxoliñas que tivo lugar no Auditorio Municipal e no que participaron os usuarios do centro valgués e convidados doutros catro centros de día de Vilagarcía, Portas, Rois e Dodro, que gozaron dunha xornada de convivencia e festa.

O evento empezou cunha breve actuación dun grupo de alumnos da Escola Municipal de Música, que tocaron pasodobres, temas populares e panxoliñas cos que cos maiores bailaron, cantaron e deron palmas.

Este animado comezo deu paso ao prato forte: a interpretación de cancións de Nadal por parte dos usuarios dos diferentes centros. “Navidad”, “Dime niño de quién eres”, “Los peces en el río”, “La marimorena”, “Campana sobre campana”, “O pendello” e “Chegaron a pé” foron algunhas das panxoliñas que soaron no Auditorio.

A celebración rematou cun brinde polo novo ano.

CDPanxoliñas2 CDPanxoliñas3

CDPanxoliñas4 CDPanxoliñas5

CDPanxoliñas6 CDPanxoliñas7

CDPanxoliñas8 CDPanxoliñas9

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver