Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Renovaranse as redes de abastecemento e saneamento, reconstruiranse as beirarrúas e instalarase nova iluminación

- O Concello farase cargo da execución das obras e asumirá a titularidade do tramo unha vez rematadas

VistaFerreirós

Valga, 23 de decembro de 2019.

O Concello de Valga e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade asinarán un convenio de colaboración para executar a primeira fase das obras de acondicionamento da estrada PO-190 no lugar de Ferreirós. O Consello da Xunta autorizou, na súa última reunión, a sinatura deste acordo, que conlevará a aportación por parte da administración autonómica de 364.995’52 euros, o custo total do proxecto.

As actuacións desenvolveranse no treito da estrada comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 0’470. Os traballos centraranse na renovación da rede de augas pluviais na súa totalidade, solucionando así as carencias que presenta na actualidade. Tamén se renovarán as redes de abastecemento e a iluminación, procedendo a soterrar a rede eléctrica e varios tramos da teléfonica.

Ademais, levaranse a cabo a reconstrución das beirarrúas, a execución de varios muros tanto de sostemento da estrada como de contención de terras, a rehabilitación do pavimento da calzada e a substitución da sinalización horizontal e vertical.

No que se refire ás obrigas de ambas administracións, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade financiará as obras e o Concello executará os traballos e asumirá a titularidade deste treito de estrada.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver