Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A partir das 17 horas haberá obradoiros infantís e música na carpa situada xunto ao Belén Artesanal

- Todos os nenos poderán saudar ás Maxestades e recibirán un agasallo

Cabalg2019

Valga, 23 de decembro de 2019.

Os Reis Magos de Oriente estarán en Valga o vindeiro 5 de xaneiro con motivo da tradicional Cabalgata que, como é habitual, terá lugar nas inmediacións do Belén Artesanal en Movemento.

Unha carpa instalada para a ocasión albergará, a partir das 17 horas, diversas actividades para os máis cativos e tamén para os maiores. Haberá unha gran festa infantil con obradoiros e música e, ademais, unha chocolatada con churros gratis para amenizar a espera das Maxestades.

A chegada dos Reis está prevista para as 18 horas. O alcalde, José María Bello Maneiro, será o encargado de darlles a benvida e, a continuación, entregaranse os premios do XVIII Concurso de Beléns.

Despois chegará o momento máis agardado por todos os nenos, que poderán subir a saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar, que lles entregarán un pequeno agasallo como anticipo de todos os que atoparán nos seus fogares na mañá do día 6.

Os Magos necesitan axudantes

Precisamente para realizar este reparto de agasallos, os Reis necesitan contar co maior número de paxes e colaboradores que lles boten unha man e os arroupen na comitiva real. As persoas que queiran participar na Cabalgata e vivir unha tarde chea de maxia e ilusión xunto ás Maxestades de Oriente aínda poden anotarse na Casa do Concello antes do día 1 de xaneiro.

 

CARTELCABALGATA2020

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver