Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Representantes do Concello e da asociación Amigos do Belén valoraron a presentación e a orixinalidade das composicións

- Os premios entregaranse o vindeiro 5 de xaneiro, durante a Cabalgata de Reis

XuradoBeléns1

Valga, 22 de decembro de 2019.

O xurado do Concurso de Beléns, organizado pola Concellería de Cultura, percorreu este sábado os nacementos inscritos e que optan aos premios. O tribunal estivo integrado por representantes do Concello e da asociación Amigos do Belén, que á hora de outorgar as puntuacións valoraron cuestións como o tamaño, o número de pezas, a presentación e a orixinalidade.

O percorrido do xurado comezou en Laxes, onde Fran e Juan Otero Lobato presentaron ao certame un belén duns 10 metros cadrados de superficie e con 185 pezas. As edificións foron feitas artesanalmente con materiais coma corchos, cartón, paus de xeados, pedras e restos de ladrillos. As figuras son de barro. O nacemento conta con iluminación e movemento nalgunhas pezas coma o muíño.

En Baño o xurado visitou un nacemento cunhas 130 figuras dispostas en seis metros cadrados con edificiacións feitas tamén a man, a maioría de corcho. Tamén neste caso, o belén incorpora iluminación e pezas con movemento e nel destacan algúns detalles de carácter local coma o Camiño de Santiago que conduce ata a Catedral. Esta composición é obra do grupo de amigos formado por Alejandro Torres, Jenifer Valiño, Pedro Ramos, Alfonso Álvarez, Ainoa Fontán, Alejandro Cortés, Julián Cerneira, Gustavo Tarrío e Andrea Torres.

Por último, concorreu ao concurso Sara Portas Piedras, veciña de Pontevalga, que montou un belén de 5 metros cadrados e unhas 155 pezas con edificacións de madeira e poliestireno, figuras de barro e plástico e con iluminación.

O gañador do certame darase a coñecer o día 5 de xaneiro, durante a Cabalgata de Reis, xornada na que tamén se entregarán os premios a todos os participantes.

XuradoBeléns2 XuradoBeléns3

XuradoBeléns4

XuradoBeléns5 XuradoBeléns6

XuradoBeléns7

XuradoBeléns8 XuradoBeléns9

XuradoBeléns11

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver