Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Agasallounos con caramelos e repartiu abrazos entre os máis pequenos

- Os alumnos do CRA xa falaran con el por videoconfencia a semana pasada

DSC 0042

Valga, 19 de decembro de 2019.

Papá Noel adiantou uns días a súa chegada a Valga para manter un encontro cos nenos do municipio e asegurarse de que na súa lista non falta ningún agasallo de todos cantos lle pediron os rapaces valgueses.

Santa Claus visitou esta mañá ao alumnado do Centro Rural Agrupado e da Escola Infantil Municipal. O seu percorrido pola vila na escola de Campaña e continou despois polas unitarias de Xanza, Forno, Ferreirós, Vilarello e Chenlo.  Os nenos recibírono con moita ledicia e Papá Noel regaloulles caramelos, para edulcorar a espera ata Noiteboa. Tamén repartiu abrazos entre os nenos e os seus mestres, que xa tiveran a oportunidade de falar con el por videoconferencia a semana pasada.

Tralo seu paso polo CRA, Papá Noel desprazouse ata a Escola Infantil Municipal para coñecer aos valgueses máis pequerrechos, que tamén o recibiron cheos de ilusión, emoción e nervios.

DSC 0206

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver