Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade “O papel dos avós e das avoas como transmitores da lingua e cultura galegas” celébrase a partir das 17 horas

- Poden participar persoas de distintas xeracións para favorecer a socialización

cartelavós1

Valga, 18 de decembro de 2019.

O  Auditorio Municipal acolle o vindeiro luns, 23 de decembro, un obradoiro de dinamización da lingua galega que pon en valor o papel das persoas maiores na transmisión da lingua e a cultura galegas ás novas xeracións.

A actividade, denominada “Os avós e as avoas como transmisores de lingua e cultura galegas”, dará comezo ás 17 horas. É de participación gratuíta e non é necesario inscribirse con anterioridade. Poden asistir veciños de distintas xeracións, tanto persoas maiores como os seus fillos e netos, para así favorecer a socialización e o achegamento entre diferentes formas de entender a realidade social e lingüística.

O obradoiro será dirixido pola psicóloga Cándida Rodríguez, que incidirá precisamente na transmisión interxeracional da lingua galega a través do encontro e diálogo entre as persoas de máis idade e as xeracións máis novas. É organizado pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Valga.

cartelavósOK

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver