Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade de divulgación científica tivo lugar onte na Casa da Cultura de Valga

- As bibliotecas municipais organizan outros tres talleres na época de Nadal, os días 20 e 27 de decembro e o 3 de xaneiro

Biotecnólogos1

Valga, 17 de decembro de 2019.

Onte cometeuse un crime na Casa da Cultura de Valga e un grupo de intrépidos rapaces acudiron para intentar resolvelo e averiguar quen estaba detrás do roubo dun valioso manuscrito.

O obradoiro “Biotecnólogos resolven un crime na biblioteca” converteu aos nenos de Valga en detectives capaces de investigar aos sospeitosos, analizar probas e extraer ADN –neste caso duns chícharos– para descubrir ao culpable.

O taller, organizado polas bibliotecas municipais, correu a cargo de Manuel Vicente, responsable do programa de divulgación científica da Radio Galega "Efervesciencia".

As bibliotecas teñen, ademais, programadas outras actividades para esta época festiva. O vindeiro venres, 20 de decembro, terá lugar un obradoiro de Nadal; o día 27 haberá un obradoiro de Reis; e o 3 de xaneiro celebrarase un taller de cartas aos Reis Magos.

Estas tres actividades terán lugar na biblioteca de Cordeiro de 17 a 18 horas. Diríxense a nenos a partir de cinco anos de idade, se ben os máis pequenos tamén poden asistir acompañados dun adulto que os axude.

Biotecnólogos2 Biotecnólogos3Biotecnólogos4

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver