Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Degustaron productos elaborados con trigo como pan, empanadas e rosca

- Estiveron acompañados polo alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Begoña Piñeiro

ComidaTrigo19 1

Valga, 16 de decembro de 2019.

A undécima edición dos Encontros Interxeracionais pechouse cunha comida que reuniu ás persoas que colaboraron nas distintas actividades levadas a cabo durante o último ano, como a sementeira e a sega do trigo.

O xantar tivo lugar o pasado venres no Auditorio Municipal e nel participaron integrantes das asociacións Axentiva e Mulleres Rurais “Albor”, que cada ano se implican activamente neste proxecto de recuperación das tradicións agrícolas e de conservación do patrimonio cultural local que promove a convivencia entre distintas xeracións de valgueses.

Este grupo de veciños estivo acompañado polo alcalde, José María Bello Maneiro, e pola concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro. Entre os produtos que degustaron, varios estaban feitos con trigo como empanadas de carne e bacallau con pasas, pan e rosca. O menú tamén incluíu callos.

Na sobremesa non faltaron os cantos tradicionais e o son da pandeireta.

ComidaTrigo19 2 ComidaTrigo19 3

ComidaTrigo19 4           ComidaTrigo19 5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver