Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os alumnos de Chenlo, Campaña, Vilarello, Forno, Fereirós e Xanza aproveitaron para pedirlle moitos regalos para Noiteboa

- A conexión con Laponia realizouse dende a Aula CeMIT do Auditorio

VideoPN1

Valga, 12 de decembro de 2019.

Laponia e Valga estiveron hoxe un pouco máis cerca. As novas tecnoloxías non coñecen de distancias e grazas a elas os nenos do Centro Rural Agrupado (CRA) puideron conectar con Papá Noel por videoconfencia dende a Aula CeMIT do Auditorio. A ilusión do Nadal reflexouse nas caras de todos os rapaces cando o viron aparecer na pantalla.

Rodeado de neve, Santa Claus conectou dúas veces con Valga, primeiro para escoitar a lista de regalos que lle pediron os alumnos das escolas unitarias de Vilarello, Ferreirós e Forno e, despois, para facer o propio cos de Campaña, Xanza e Chenlo. Así os sesenta nenos do CRA tiveron ocasión de conversar con Papá Noel e contarlle o ben que se portaron durante este ano. Son obedientes, aplícanse moito no colexio, axudan aos seus pais coas tarefas do fogar e comen case todo o que lles poñen no prato. Por iso Santa Claus prometeulles que faría todo o posible para cumplir os seus desexos e deixarlles baixo a árbore de Nadal os seus xoguetes favoritos en Noiteboa. Iso si, pediulles que sempre manteñan a ilusión, que é moi importante para que poida viaxar polo mundo cos seus renos e repartir todos os agasallos a tempo.

A fábrica de xoguetes de Papá Noel e os seus elfos xa están traballando a pleno rendemento porque a lista de regalos que pediron os nenos valgueses é moi longa: coches, bebés, dinosaurios, motos, bicicletas, camións, un tren, equipacións de fútbol, Playmobil, unha comisaría de policía, ferramentas, disfraces, instrumentos musicais coma baterías e ata unha gaita, sereas, tabletas, unha pista de canicas… e moitas más cousas. Os alumnos do CRA tamén deixaron mostra da súa xenerosidade pedindo tamén agasallos para os seus irmáns.

Na súa conversa con Santa Claus, rapaces contáronlles as súas tradicións favoritas do Nadal: montar a árbore, abrir os regalos e tamén o turrón de chocolate. Papá Noel pediulles que en Noiteboa lle deixen baixo a chimenea ou xunto á árbore un vaso de leite con galletas e unhas cenorias para os renos.

VideoPN2 VideoPN4 

VideoPN3 VideoPN6

VideoPN5 VideoPN7

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver