Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A sala adicada á Bella Otero concentrou boa parte do interese do grupo, integrado por máis de 30 persoas

- Os visitantes con mobilidade reducida agradeceron a facilidade que se lles brindou e a accesibilidade aos edificios públicos

Visita Museo2

Valga, 6 de decembro de 2019.

Usuarios dun centro residencial da localidade de Sanxenxo, acompañados por familiares, visitaron onte Valga para achegarse ao Museo da Historia e ao Belén Artesanal en Movemento.

Pola mañá os visitantes con mobilidade reducida e os seus acompañantes estiveron no Museo da Historia para coñecer o patrimonio cultural de Valga e a persoeiros como Xesús Ferro Couselo ou a Bella Otero. Precisamente a sala adicada á diva da Belle Époque foi o que máis interese espertou entre os visitantes, que foron guiados polas instalacións polo técnico municipal responsable do Museo, Santiago Chenlo.

O grupo, integrado por máis de trinta persoas, comeu en Valga e, pola tarde, desprazouse a Campaña para visitar outro dos principais reclamos turísticos do municipio, o Belén Artesanal en Movemento, que nestas datas próximas ao Nadal acapara a atención da maioría de visitantes que recibe Valga.

A expedición chegada de Sanxenxo agradeceu a amabilidade e facilidade que se lles ofreceu para as súas visitas e tamén a accesibilidade de edificios coma o do Museo.

Visita Museo2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver