Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O proxecto inclúe a construción de novos tramos de beirarrúas e a mellora dos servizos

- A Consellería de Medio Ambiente e Territorio aporta 96.800 euros para financiar as obras

HumanizaciónCampaña1

Valga, 3 de decembro de 2019.

As obras de humanización no entorno da área recreativa e deportiva de Campaña atópanse en fase de execución por parte da empresa Covsa.

Nesta actuación o Concello, contando cunha achega económica da Xunta de Galicia, inviste 121.000 euros. O proxecto recolle melloras como a dotación de servizos, a ampliación das beirarrúas ou a supresión de barreiras arquitectónicas para así favorecer o emprego dos espazos públicos por parte dos peóns, dos usuarios das instalacións deportivas e dos visitantes que acoden á zona atraídos por iniciativas culturais e recreativas coma o Belén Artesanal en Movemento.

Atendendo a este obxectivo de potenciar o uso desta área por parte da cidadanía, lévanse a cabo unha serie de traballos que inclúen a instalación de canalizacións soterradas, a mellora da rede de recollida de augas pluviais, a canalización do alumeado, a construción de novos tramos de beirarrúas e outras actuacións de carácter paisaxístico para embelecer o entorno.

O proxecto está subvencionado con 96.800 euros pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio, pertencente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

HumanizaciónCampaña2 HumanizaciónCampaña3

HumanizaciónCampaña4            HumanizaciónCampaña5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver