Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A Xunta aprobou unha aportación económica de 336.446 euros para desenvolver este proxecto formativo

- Os vinte alumnos percibirán o salario mínimo e realizarán obras de interese público no edificio administrativo, pavillón de Beiro e en zonas verdes do municipio

InauguraciónObraodoiroIV 1

Valga, 2 de decembro de 2019.

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, a rexedora de Moraña, Luisa Piñeiro, o delegado da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, inauguraron esta mañá o Obradoiro de Emprego Ulla-Umia IV, que conta coa participación de dez desempregados valgueses e outros tantos de Moraña. Participou tamén no acto a directora do Obradoiro, Mª Carmen Vidal.

O proxecto conta cun orzamento total de 396.446 euros, dos que 336.446 serán aportados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e os restantes 60.000 serán financiados polos concellos. As vinte persoas participantes percibirán o salario mínimo interprofesional durante os nove meses de duración do obradoiro, no que recibirán formación teórica e práctica nas especialidades de albanelería e acondicionamento forestal. Ó obxectivo é favorecer a cualificación profesional do alumnado e incrementar as súas posibilidades de inserción no mercado laboral.

Ademais de formarse, os aprendices realizarán obras de interese público que, no caso de Valga, serán: a continuación dos traballos no edificio de usos administrativos e no pavillón municipal de Beiro, a mellora de tramos do Camiño Portugués mediante desbroces, limpezas, podas ou plantacións e o acondicionamento forestal de diversas zonas verdes como o Miradoiro de Beiro, Mina Mercedes ou a área fluvial de Vilarello.

No acto inaugural o alcalde explicou que “este é o cuarto proxecto que obradoiro a cabo conxuntamente con Moraña e agardamos que o resultado sexa tan positivo coma nos anteriores, tanto no que se refire ás obras executadas coma á formación do alumnado para que teñan máis facilidades para reincorporarse ao mercado laboral”. Bello Maneiro destacou que o Concello aportará a este proxecto arredor de 30.000 euros en materiais para realizar as distintas obras previstas en Valga.

O delegado da Xunta, pola súa parte, felicitou aos alcaldes “polo esforzo que están facendo en formación” e pola mellora da empregabilidade dos seus veciños. Neste sentido, comentou que os concellos de Valga e Moraña “non poderían optar por separado a un Obradoiro de Emprego porque non chegan ao mínimo de parados que hai que ter” para presentarse a esta liña de subvencións.

InauguraciónObraodoiroIV 2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver