Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade, organizada pola asociación de Mulleres Rurais “Albor”, prolongouse durante tres meses

- O Concello de Valga colaborou nesta iniciativa cedendo as instalacións municipais

albor1

Valga, 22 de decembro de 2017.

A entrega dos diplomas ás participantes clasurou esta semana o curso de taichí promovido pola asociación de Mulleres Rurais “Albor” e que se viña impartindo dende o mes de setembro no Auditorio Municipal. Vinte e cinco mulleres participaron na actividade, dentro do programa “Depo en Marcha” e impartida polo monitor José Manuel Longo. Baixo a súa coordinación, as inscritas practicaron nas sesións semanais esta arte marcial con aplicacións terapéuticas que axuda á consecución dun maior equilibrio físico e psíquico.

A clausura do curso contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais, Begoña Piñeiro, que ademais é vicepresidenta da asociación de Mulleres Rurais, e do deputado Javier Dios, así como da presidenta de “Albor”, Rosa Crespo, que entregaron os diplomas. O Concello de Valga colaborou na actividade cedendo as instalacións municipais.

O colectivo “Albor” leva doce anos organizando este curso de taichí prácticamente coas mesmas participantes dende a primeira edición e sempre co mesmo monitor.

albor4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver