Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A iniciativa foi aprobada no Pleno do pasado luns cos votos favorables do grupo de goberno

- “Trátase de bens de singularidade excepcional”, destaca o goberno municipal

embarcacion1

Valga, 28 de novembro de 2019.

O Concello de Valga vai solicitar ante a Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia a apertura dun procedemento para a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) da antiga liña de vagonetas e o embarcadoiro de carga e descarga de mercadorías vencellados á actividade da empresa Novo y Sierra. Así o aprobou o Pleno na sesión ordinaria celebrada o pasado luns, cos votos favorables do grupo de goberno.

O embarcadoiro no río Ulla foi construído no ano 1921, mentras que a liña de transporte aéreo de vagonetas tiña un dobre uso: por unha parte, levar as materias primas que se transportaban por vía fluvial ata a desaparecida fábrica de cerámica e, pola outra, transportar os bens producidos na factoría para cargalos nos barcos. “Trátase de bens de singularidade excepcional que permiten transmitir como era o funcionamento das explotacións mineiras da época”, indica a moción que se presentou ante o Pleno. Ademais, destaca que “non se conservan bens similares en Galicia”.

O Concello está tramitando senllos proxectos para a recuperación destes elementos patrimoniais. Por unha parte, o embarcadoiro será rehabilitado mediante a instalación dun pantalán para o amarre de embarcacións turísticas, unha actuación que será financiada por Portos de Galicia. No tocante a antiga liña de vagonetas, o Concello, co apoio económico da Consellería de Industria, contratou a redacción dun estudo de viabilidade ao tempo que comezou as xestións ante distintas administracións para acadar a financiación que permita facer realidade o proxecto.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver