Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Catorce persoas, entre adultos e nenos, participaron na actividade do programa provincial “Tecendo Lazos”

- Os alumnos realizaron traballos con papel de periódico e crearon maquetas de elementos patrimoniais de Valga

DiplomasCestería1

Valga, 26 de novembro de 2019.

A concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, asistiu onte pola tarde no Auditorio Municipal ao acto de entrega de diplomas do obradoiro de cestería con materiais reciclados que se impartiu nas últimas semanas no marco do programa “Tecendo Lazos” da Deputación. A clausura tamén contou coa participación do deputado provincial Manuel González.

Catorce persoas, entre adultos e nenos, participaron neste taller, que tiña entre os seus obxectivos favorecer o contacto interxeracional no ámbito do tempo libre e do lecer e fomentar a aprendizaxe e o intercambio de ideas e valores para fomentar os lazos afectivos entre persoas de distintas xeracións. Os inscritos crearon diferentes tipos de cestos e incluso bolsos empregando materias como papel de periódico e cartón.

Ademais, realizaron maquetas de diversos elementos patrimoniais de Valga como o petróglifo Pedra da Serpe, o muíño de vento de Beiro e a igrexa parroquial de Cordeiro. Estes últimos traballos fixéronos como parte do módulo “A historia do meu concello”.

DiplomasCestería2 DiplomasCestería3

DiplomasCestería4 DiplomasCestería5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver