- María Rodríguez, Lucía Rey, Mencía Suárez e Rosalía Muíño leron un manifesto e repartiron lazos violetas entre o público

- Mañá a partir das 10 horas celébrase no CODI un acto institucional ao que está convidada toda a veciñanza

OrquestraCámara1

Valga, 24 de novembro de 2019.

A Orquestra de Cámara Municipal de Valga, dirixida por Manuel Villar, ofreceu onte no Auditorio o concerto "Música contra a violencia" como parte da campaña de sensibilización con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.

Durante o concerto María Rodríguez, Lucía Rey, Mencía Suárez e Rosalía Muíño leron un manifesto en contra da violencia machista e abogaron por utilizar a música, como linguaxe universal, para reivindicar defender a igualdade en todos os ámbitos da sociedade e, en particular, para loitar contra as agresións machistas. Como exemplo recitaron a letra da canción "La puerta violeta", de Rozalén, un himno contra a violencia machista co que quixeron lanzar unha mensaxe de esperanza ás vítimas para que consigan saír desa situación.

Tamén se repartiron, entre o público, lazos de cor violeta.

Mañá luns, 25 de novembro, terá lugar un acto institucional contra a violencia de xénero a partir das 10 da mañá no CODI. Lerase un manifesto, realizarase unha declaración institucional e gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia de xénero.

O Concello convida a toda a veciñanza e asociacións de Valga a participar neste acto.

OrquestraCámara2 OrquestraCámara3

OrquestraCámara4

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver