- Cambiaranse unha vintena de fiestras do centro e cinco portas exteriores

- Os traballos foron contratados pola Consellería de Educación á empresa García Sistemas de Carpintería

obrasventásCEPCordeiro1

Valga, 19 de novembro de 2019.

Operarios da empresa García Sistemas de Carpintería S.L. deron comezo esta mañá ás obras de mellora da carpintería de aluminio no CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo de Cordeiro, unha actuación na que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional inviste 26.266’38 euros.

Os traballos consisten na substitución dunha vintena de fiestras e cinco portas exteriores do colexio. Ademais, tamén serán renovados dous grandes ventanais. As novas ventás colocaranse nos aseos, na aula de manualidades, na cociña e no despacho da Dirección. Todas incorporarán o sistema de rotura de ponte térmica para acadar un mellor illamento e evitar perdas de calor.

Estas obras quedaran pendentes de executar hai dous anos, cando se executou a primeira fase da carpintería exterior no colexio de Cordeiro. Daquela substituíranse 23 fiestras do edificio educativo que, debido ao seu deterioro, provocaban a entrada de aire ás aulas e outras dependencias, o que limitaba a eficacia do sistema de climatización.

Esta actuación, xunto con outras melloras no centro de Educación Primaria, foron solicitadas polo Concello á Consellería de Educación atendendo ás demandas da comunidade educativa.

            obrasventásCEPCordeiro2                    obrasventásCEPCordeiro3

obrasventásCEPCordeiro4

 

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton tempo

Volver