Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Dentro da mesma actuación tamén se mellorará o piso do patio cuberto para evitar esvaróns

- A Xunta inviste nestes traballos, que foron solicitados polo goberno municipal, case 22.000 euros

ObraspecheCEIPBaño1

Valga, 14 de novembro de 2019.

Deron comezo no CEIP Plurilingüe Baño-Xanza as obras de renovación do peche perimetral, contratadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional á empresa Covisam Norte S.L.

Os traballos, que suporán unha mellora da seguridade no recinto educativo, consisten na retirada do antigo valado, que se atopa moi deteriorado debido á súa antigüidade, e a instalación dun novo peche formado por paneis ríxidos.

A actuación inclúe, ademais, a execución de melloras no patio cuberto do colexio, en concreto o fresado do piso para evitar que se produzan esvaróns.

Estas obras foron solicitadas polo goberno municipal á Xunta de Galicia, en beneficio da comunidade educativa do CEIP Baño-Xanza, principalmente do alumnado. Son financiadas íntegramente pola Xunta de Galicia, cun investimento de 21.755’79 euros.

No mesmo colexio de Baño tamén se realizaron recentemente traballos de mellora do sistema de calefacción no edificio de Educación Infantil. Retiráronse os radiadores eléctricos para conectar esta zona do colexio á calefacción de gasoil que xa funcionaba no resto do centro. O orzamento foi de 23.276’71 euros.

ObraspecheCEIPBaño2 ObraspecheCEIPBaño3

ObraspecheCEIPBaño4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver