Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e a concelleira de Educación asistiron aos actos festivos no centro

- “Loitaremos para que o IES poida contar o vindeiro curso co Bacharelato de Artes”, anunciou Bello Maneiro

XXAnosIES1

Valga, 11 de novembro de 2019.

O IES de Valga cumpre vinte anos e hoxe deu comezo aos actos conmemorativos desta efeméride, celebrando unha comida de confraternidade e, despois, un magosto coa participación de todo o alumnado. O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, representaron ao Concello na comida, que tivo lugar na cafetería do centro e que congregou a mestres e persoal do instituto, representantes dos demais centros educativos de Valga e outros membros da comunidade educativa que aproveitaron para lembrar algúns dos fitos máis salientables dos primeiros vinte anos de traxectoria do IES.

Pola tarde continuaron os festexos. Baixo unha carpa instalada polo Concello celebrouse un acto institucional coa asistencia do alumnado do centro e con intervencións por parte das autoridades, ás que se sumou tamén a concelleira Begoña Piñeiro. O alcalde lembrou que “hai 21 anos comezou a xerarse en Valga unha ilusión por poder contar cun instituto” que permitise aos mozos valgueses realizar os estudos de Secundaria e Bacharelato no municipio, sen ter que desprazarse a vilas veciñas como Padrón. “Foi un orgullo conseguilo” e, pouco a pouco, ir incorporando FP, ciclos á oferta formativa do centro. “E seguiremos loitando porque o próximo obxectivo é poder contar co Bacharelato de Artes. Intentaremos conseguilo para o próximo curso”, anunciou o rexedor.

Tamén interviron a directora, Dolores Rego Balsa, e unha das dúas profesoras que permanecen no IES de Valga dende a súa inauguración no curso 1999-2000, Pilar Buela Piedra. “O IES cambiou a vida deste concello e dos seus veciños”, en concreto das “vinte xeracións de mozos” que pasaron polas súas aulas. “Esperamos que se lembren de nós con cariño porque esta foi a súa casa”, dixo a mestra, que tivo palabras de lembranza para todas as persoas que formaron parte destes vinte anos de historia “e que xa non están con nós”.

En representación do alumnado falaron o ex alumno Javier Carballo e o alumno de 3º da ESO Samuel Rial. O primeiro lembrou que “hai 20 anos internet case era un espellismo e os traballos facíanse con enciclopedias de papel nas bibliotecas”. Dende aquela “a sociedade evolucionou, o IES evolucionou e nós evolucionamos con eles”. Aos actuais alumnos pideulles que “sempre levedes por bandeira ter estudado no IES de Valga porque é unha honra”. Samuel Rial, pola súa parte, referiuse á educación como “unha gran oportunidade para evolucionar como cidadáns e como persoas. Aproveitémola”, concluíu.

O acto contou coa actuación dun grupo de alumnos e ex alumnos do IES que forman parte da Escola Municipal de Música. Con Manuel Villar Touceda á batuta, interpretaron varios temas, pechando a celebración co Himno Galego.

Para rematar a xornada festiva, e coincidindo co día de San Martiño, tivo lugar un magosto que incluíu a degustación de castañas preparados nuns asadeiros fabricados polo alumnado do ciclo de Soldadura.

Os actos de hoxe foron o punto de partida dunha serie de eventos cos que o IES de Valga vai a conmemorar o seu vixésimo aniversario. “Non pretendemos a realización de grandes fastos, senón de pequenos actos que lembren a importancia para Valga da existencia deste centro e que axuden a recuperar o contacto coa xente que fixo posible esta realidade”, explica a directora.

XXAnosIES2 XXAnosIES3

XXAnosIES4 XXAnosIES5

XXAnosIES6 XXAnosIES7

XXAnosIES8 XXAnosIES9

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver