- As ofertas para optar á adxudicación poden presentarse ata o día 4 de decembro

- O contrato terá unha duración inicial dun ano, prorrogable ata un máximo de catro

casaconcello

Valga, 8 de novembro de 2019.

O Concello sacou a contratación o servizo de limpeza e conservación de edificios municipais por un período inicial dun ano, prorrogable ata un máximo de catro.

As instalacións que se inclúen no contrato son a Casa Consistorial e o seu entorno, o Museo da Historia e a Casa da Bella Otero, os colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo, as escolas unitarias do CRA de Valga (Campaña, Chenlo, Ferreirós, Forno, Vilarello e Xanza), os centros sociais de Campaña, Moldes, Pino, Igrexa-Setecoros, Vilarello, Vilares, Xanza, O Galego e a Casa da Cultura de Valga, as instalacións do Auditorio –agás o Centro de Día, a cafetería e dependencias–, o CODI, o Centro de Interpretación da Caña e o edificio de usos administrativos.

O adxudicatario deberá encargarse do mantemento dos edificios que comprenda tanto a limpeza diaria como a cobertura das necesidades puntuais que poidan xurdir. No caso do colexio Ferro Couselo, tamén deberá proceder á apertura e peche das instalacións.

O orzamento de licitación ascende a 84.216 euros anuais.

O prazo para presentar ofertas rematará ás 15 horas do día 4 de decembro. A adxudicación realizarase utilizando unha pluralidade de criterios en base á mellor relación calidade-prezo. Teranse en conta a oferta económica, o programa de traballo e o plan de limpeza para cada instalación e o equipamento técnico a empregar, entre outros criterios.

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver