Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As probas de acceso comezaron esta mañá no Auditorio coa participación do alumnado de Interpretación e continúan o luns con outras tres especialidades

- Están convocadas un total de 23 persoas e outras 6 solicitaron trasladar os seus expedientes de outros centros

probasConservatorio1

Valga, 11 de outubro de 2019.

O Centro de Ensinanzas Superiores de Música de Valga deu comezo esta mañá no Auditorio Municipal ás probas de selección do alumnado para o seu curso inaugural 2019/2020. Son un total de 23 os aspirantes que entre hoxe e o luns realicen as probas de acceso ao centro, que están a ser supervisadas por un inspector e un funcionario da Consellería de Educación que, ademais, exercen como presidente e secretario do tribunal cualificador.

Durante a mañá de hoxe realizáronse as probas da especialidade de Interpretación coa participación de sete alumnos que tiveron que realizar un exame teórico, consistente na análise dunha obra musical proposta polo tribunal, e a continuación, a interpretación dun programa de ata 30 minutos integrado por obras dunha dificultade adecuada ao nivel dos estudos que pretenden cursar no centro valgués. A proba rematou coa lectura dunha partitura a primeira vista.

O luns continuará o proceso de selección coa realización dos exames dos itenerarios de Pedagoxía, Composición e Dirección, nos que participarán os restantes 16 alumnos inscritos. As probas de Pedagoxía consistirán na interpretación co instrumento principal ou voz, en caso de canto, duas obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo alumno; unha proba vocal; e a composición dunha peza breve, de carácter didáctico, sobre unha melodía ou texto proposto polo tribunal.

Na especialidade de Composición, o exame incluirá a realización dun traballo harmónico-contrapuntístico; a presentación e defensa oral de obras e traballos realizados polo candidato; e a interpretación dunha serie de obras elixidas polo tribunal dunha relación previamente presentada polo alumno. Por último, no itinerario de Dirección, o máis demandado, as probas a realizar polos aspirantes serán: a interpretación no instrumento principal ou voz dun programa integrado por obras dunha dificultade adecuada ao nivel dos estudos que se pretenden cursar, a análise dunha obra orquestral ou coral proposta polo tribunal, a lectura a primeira vista no piano dun fragmento musical e a realización dun dictado a catro voces.

Ademais dos 23 aspirantes que están convocados ás probas, outros 6 alumnos cursarán estudos no Centro de Ensinanzas Superiores de Música de Valga ao terén solicitado o traslado dos seus expedientes dende outros centros. As clases do curso 2019/2020 teñen previsto comezar o vindeiro 21 de outubro.

probasConservatorio2 probasConservatorio3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver