Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O contrato, que se asinou esta semana, ten unha duración de dous anos prorrogables ata un máximo de catro

- O novo concesionario, Juan Carlos Alén, abrirá de martes a domingo, ofrecerá comidas e promoverá actividades que poidan atraer a visitantes

contratobarVilarello1

Valga, 3 de outubro de 2019.

A cafetería da praia fluvial de Vilarello conta con novo concesionario, Juan Carlos Alén Castiñeiras, ao que esta semana lle foi adxudicada a explotación do local por un período de dous anos prorrogables ata un máximo de catro. O contrato foi asinado o mércores polo alcalde, José María Bello Maneiro, e o adxudicatario en presenza do secretario municipal.

A oferta presentada por Alén Castiñeiras, veciño de Paredes e con experiencia no sector da hostelería, foi a máis vantaxosa das cinco que recibiu o Concello durante o proceso de licitación. Os criterios que se tiveron en conta á hora de adxudicar o servizo foron o proxecto de explotación (ata 60 puntos), o equipamento e mobiliario co que se dotará ao local (ata 30 puntos) e o canon (un máximo de 10 puntos).

No caso de Juan Carlos Alén o canon anual que ofertou e que deberá aboar ao Concello será de 600 euros anuais máis IVE e, ademais, deberá encargarse do mantemento, conservación e limpeza do edificio, da praia fluvial, da área de lecer e do aparcadoiro.

Con anterioridade á reapertura da cafetería instalará novo mobiliario de cociña (forno, fritideira e plancha industrial, entre outros) e tamén mobiliario de salón interior e exterior.

Segundo consta no proxecto de explotación, o bar abrirá de martes a domingo en horario continuo entre as 13:00 e as 21:00 horas, quedando reservado o luns para descanso do persoal. Ofrecerá comidas e merendas enfocadas aos potenciais clientes do establecemento e usuarios da área fluvial de Vilarello: turistas, autocaravanistas, peregrinos e familias.

Estes servizos irán en consonancia cun programa de actividades co que pretende atraer a novos segmentos de público a Vilarello, aproveitando o privilexiado entorno no que se atopa o bar. Entre as propostas que inclúe o novo concesionario no seu proxecto destacan sábados “chill-out”, música en vivo, monólogos e animación infantil. Outra das iniciativas que plantexa é ofrecer o servizo de información turística, contando con folletos, mapas e outra información que poida servir de utilidade aos visitantes e cun punto de venta de recordos do Camiño de Santiago e de Valga.

 

contratobarVilarello2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver